199,00€
Pandeireta de 9 pares en madeira de nogueira e ferreñas tradicionais douradas.Coiro impreso. A ilustración non sufre desgaste cun uso moderado. Hai factores que poden afectarlle coma o uso de productos cosméticos (esmaltes de unllas, cremas...), aneis, sudoración das mans... e sobre todo un uso moi intensivo.Cestola na cachola é unha cooperativa de traballo creada por Xoana Almar, Miguel Peralta e Raquel Doallo no 2013.Actualmente traballamos Xoana e Miguel adicándonos á pintura e principalmente ao muralismo. Os murais os realizamos de xeito individual e conxunto creándose así un tercer estilo. A temática da nosa obra xira entorno ao ser humano, especialmente ás mulleres, ao mundo do traballo, ao recoñecemento dos oficios en perigo de extinción, a necesidade de conciencia de clase, de formación, de debate e loita colectiva, e de ocio e tempos "non produtivos"... Traballamos moito por vilas e aldeas do rural galego onde poder coñecer realidades que falan da nosa historia e riqueza cultural (oficios, gastronomía, música...) Un mural transforma un espazo, e ese espazo transforma o mural.