149,00€
Pandeireta galega tradicional feita con madeira de pino, coiro de cabra e ferreñas tradicionais de folla de lata.Diámetro 250mm e altura 68mm.A pandeireta máis empregada tradicionalmente en Galicia.Indicada para adultos e idades a partir de 9 anos.A ilustración non sufre desgaste cun uso moderado. Hai factores que poden afectarlle coma o uso de productos cosméticos (esmaltes de unllas, cremas...), aneis, sudoración das mans... e sobre todo un uso moi intensivo.____________________________________________________________________________________________________________________________________________“Muiñeira da dor invisible” de Zësar Bahamonte (@zesarbahamonte) Ilustración participante no na X edición do Festival Internacional de Arte Público Rexenera de Carballo (A Coruña), ubicado na Rúa Gran Vía, 154 A celebración da danza tradicional galega linda neste muro cunha mensaxe crítica e sutil. A muiñeira marca o ritmo festivo da imaxe, mentres no centro, una figura ferida por tres muíños de vento simbolizadas como problemáticas do impacto silencioso dos intereses empresariais das enerxías renovables sobre as poboacións locais que sofren a súa presenza. Zësar Bahamonte, é un artista visual e urbano. Os seus murais atópanse en Francia, Israel, Uruguay, Portugal, Brasil, Ecuador, Austria…, O seu traballo aúna beleza e bondade, ao xeito dos antigos gregos.