A miña conta
0 artigos

¡Aínda non hai produtos!

Obradoiro artesán e pezas únicas

Tambor oceánico - Imaxe 1Tambor oceánico - Imaxe 2

Tambor oceánico

169,00€

Tambor oceánico feito en madeira de pino tintada e coiro de cabra galega.É un instrumento de percusión que recrea o son das ondas do mar. No interior contén pequenas esferas que, ao inclinalo e movelo suavemente, producen un murmurio envolvente. Segundo a intensidade del movemento, o son evoca dende o suave vaivén da auga ata a forza da ondada.Ideal para acompañar experiencias musicais, actividades sensoriais ou momentos de relaxación e meditación.
Pandeira de pino azul grisáceo, 5 pares de ferreñas manuais temperadas e coiro tinguido - Imaxe 1Pandeira de pino azul grisáceo, 5 pares de ferreñas manuais temperadas e coiro tinguido - Imaxe 2

Pandeira de pino azul grisáceo, 5 pares de ferreñas manuais temperadas e coiro tinguido

159,00€

Pandeira galega dos Ancares feita con madeira de pino con cor azul grisáceo, coiro de cabra tinguido e ferreñas manuais temperadas. Empuñadura con burato de peneira.Diametro 400mm e altura 75mm.
Pandeireta 4 pares con decorado de bolboretas - Imaxe 1Pandeireta 4 pares con decorado de bolboretas - Imaxe 2

Pandeireta 4 pares con decorado de bolboretas

90,00€

Pandeireta feita con madeira de pino con decorado de bolboretas, coiro de cabra con manchiñas e ferreñas tradicionais de folla de lata. Indicada para idades de 3 e 4 anos.Tamén empregada por adultos en rondallasDiámetro 180mm e altura 48MMA cor pode cambiar dependendo do dispositivo e as condicións de luz onde se vexan as fotografías desta páxina.Indicada para idades a partir de 4 anos

Pandeireta 5 pares cor violeta e decorado de bolboretas

105,00€

Pandeireta de 5 pares feita con madeira de pino con cor violeta, coiro de cabra ferreñas tradicionais de folla de lata. Indicada para 5 anos.Tamén empregada por adultos en rondallasDiámetro 220mm e altura 48MMA cor pode cambiar dependendo do dispositivo e as condicións de luz onde se vexan as fotografías desta páxina.

Pandeireta 9 pares negra con corazóns e ferreñas manuais vermellas

149,00€

Pandeireta galega tradicional feita con madeira de pino con cor negro, coiro de cabra e ferreñas manuais temperadas con baño de cor vermello.Está decorada con corazóns troquelados aorredor do corpo de madeira . Diametro 250mm e altura 68mm.A cor pode cambiar dependendo do dispositivo e as condicións de luz onde se vexan as fotografías desta páxina.

Pandeireta 9 pares negra con bolboretas vermellas e ferreñas manuais vermellas

149,00€

Pandeireta galega tradicional feita con madeira de pino con cor negro, coiro de cabra e ferreñas manuais temperadas con baño de cor vermello.Está decorada con bolboretas con cor vermella grabado aorredor do corpo de madeira . Diametro 250mm e altura 68mm.A cor pode cambiar dependendo do dispositivo e as condicións de luz onde se vexan as fotografías desta páxina.

Pandeireta pintada a man por Carlota Suárez de 9 pares e ferreñas manuais douradas II

299,00€

Pandeireta galega tradicional feita con madeira de pino, coiro de cabra tinguido de cor viño e ferreñas manuais douradas.Está pintada a mano, punto a punto, trazo a trazo, cor a cor por Carlota Suárez.Peza única. Diámetro 250mm e altura 68mm.A cor pode cambiar dependendo do dispositivo e as condicións de luz onde se vexan as fotografías desta páxina.---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------Sobre minSempre se di que "menos é máis", e non podo estar máis en desacordo. Eu sempre digo que a fantasía está no uso da cor.Por iso dende pequena pinto: para relaxarme, para pasar o rato, para lembrar unha paisaxe, para evadirme mentres escoito música, para experimentar en diferentes materiais pero, sobre todo, para expresarme. Moitas veces non atopo as palabras correctas... digamos que eu non son "de letras". Pero sempre sei como plasmar o que teño na cabeza na miña libreta, nun lienzo e ata na madeira dun instrumento.O que para min empezou case como unha necesidade foise convertindo pouco a pouco nunha profesión, e agora traballo como deseñadora de interiores e ilustradora dende Oleiros, o lugar onde me criei.Sobre a pandeFálase do medo á paxina en branco,  pero eu tiña medo ao fondo azul cobalto. Iso tíñao claro pero, como ía seguir? Tiña tantísimas ideas e cores para esta pande... ao final, escollín esta especie de flores horror vacui laranxas, turquesa e vermellas feitas con acrílico. Cando xa as tiña, engadín esas raias para dar un toque amarelo que contrastase con tantos círculos. Tívenme que frear para non seguir engadindo capas e capas, porque sempre se pode engadir un puntiño máis cun rotulador de punta fina...Oxalá vos guste tanto como a min pintala. Este non foi un encargo calquera. Faime moitísima ilusión pintar algo tan especial, un instrumento que acompañará a alguén durante anos a ensaios, foliadas e actuacións.
Tambor feminino cor - Imaxe 1Tambor feminino cor - Imaxe 2

Tambor feminino cor

179,00€

Tambor feminino. Madeira de pino con cor. Á hora de facer o pedido, indicar a cor seleccionada.Ten 36 cm. de diámetro e 12 cm. de altura.Inclúe baquetas e funda.

Instrumentos de percusión tradicional feitos a man

En Sanín Percusión Tradicional adicámonos ao deseño e fabricación de instrumentos de percusión da tradición de Galicia. Este obradoiro é froito do amor á música tradicional.

Dende os nosos inicios, en 1990, traballamos para ofrecer aos nosos clientes instrumentos de calidade a un prezo razoable.

Coñecemos o oficio tradicional e ofrecemos unha atención persoalizada polo que podemos garantir a calidade de todos os instrumentos que temos á venda no noso obradoiro en Santiago, así coma nosa tenda online e a través dos nosos distribuidores especializados.

No noso catálogo de produtos atoparás dende pandeiretas e tambores a tarrañolas, pasando por pitos, bombos e pandeiros.

¡Facemos pezas únicas e personalizadas!

Ademáis de ter á venda no noso obradoiro e na tenda online diferentes instrumentos tradicionais, tamen damos a posibilidade aos nosos clientes de que se poñan en contacto connosco para facer encargos personalizados.

Deste xeito, estamos a súa disposición para crear pezas únicas e deseñadas a medida dos teus gustos. Cóntanos a túa idea e nós convertímola nunha realidade.

Marcado laser debuxo simple - Imaxe 1

Marcado laser debuxo simple

30,00€

Marcado laser do instrumento con un nome ou unha data e un debuxo simple.Pode escribir no apartado "Observaciones" o que quere que poñamos. Precisamos o arquivo do que se pretende imprimir. Mellor consultar previamente.____________________________________________________________________________________________Calquera dos instrumentos que estean persoalizados non poderán ser devoltos.
Pandeireta de nogueira de 9 pares con decorado de comecocos - Imaxe 1Pandeireta de nogueira de 9 pares con decorado de comecocos - Imaxe 2

Pandeireta de nogueira de 9 pares con decorado de comecocos

139,00€

Pandeireta galega tradicional feita con madeira de nogueira, coiro de cabra e ferreñas tradicionais de folla de lata.Está decorada con detalles de comecocos grabados na madeira . Diametro 250mm e altura 68mm.A cor pode cambiar dependendo do dispositivo e as condicións de luz onde se vexan as fotografías desta páxina.
Pulseira mediana_Colección Ferreñas - Imaxe 1

Pulseira mediana_Colección Ferreñas

59,00€

Pulseira feita en prata 925 e correa de coiro con peche en prata.Diámetro ferreña: 22mm. Lonxitude pulseira: 163mm.
Bolsa_"Moura" - Imaxe 1Bolsa_"Moura" - Imaxe 2

Bolsa_"Moura"

16,00€

Bolsa resistente de algodón de 240g/m2 con acabado en cor natural. Asas longas reforzadas de 70 cm e acabado cosido. Resistencia ata 9 kg de peso. Algodón 240 g/m2.Serigrafiada coa ilustración de Sara Romero "Moura"Medidas: 37 x 41 cm
Bombo neno/a cor - Imaxe 1Bombo neno/a cor - Imaxe 2

Bombo neno/a cor

179,00€

Bombo que se pode empregar dende os 0 anos. Madeira de pino pintada. Á hora de facer o pedido, indicar a cor seleccionada.Ten 40 cm. de diámetro e 16,5 cm. de altura.Inclúe maza e funda.
Anel pequeno_Colección Ferreñas Pandeireta - Imaxe 1

Anel pequeno_Colección Ferreñas Pandeireta

69,00€

Anel feito en prata 925, madeira e pel de cabra. O aro do anel é aberto.Medidas: 22 mm x 22 mm x 22 mm
Par de ferreñas tradicionais douradas - Imaxe 1

Par de ferreñas tradicionais douradas

2,00€

Ferreñas tradicionais feitas de follas de lata dourada. O modelo tradicional troquelado e o máis empregado dende a segunda metade do século XIX. É o responsable do espallamento do uso da pandeireta por toda Galicia.ferreña tradicional pequena plateadaA nivel sonoro é a máis equilibrada, a máis resistente e con unha evolución que fai mellorar o instrumento co uso cada día. Dan un son máis doce e non se enferruxan.Diámetro: 57mm______________________________________________________________________________________________________________________________________________Sonajas tradicionales hechas de hojas de lata dorada. El modelo tradicional troquelado y el más empleado desde la segunda mitad del siglo XIX. Es la responsable de la popularización del uso de la pandereta por toda Galicia.Peso algo inferior a la plateada y el brillo dura más en las zonas cercanas al mar.A nivel sonoro es la más equilibrada, la más resistente y con una evolución que hace mejorar el instrumento con el uso cada día. Dan un sonido más dulce y no se oxidan.Diámetro: 57mm
PANDEIRO DE MAN 40 cm. CO COIRO RÚSTICO - Imaxe 1PANDEIRO DE MAN 40 cm. CO COIRO RÚSTICO - Imaxe 2

PANDEIRO DE MAN 40 cm. CO COIRO RÚSTICO

150,00€

Pandeiro de man de 40 centímetros de lado. Coiro de cabra rústico e marco de madeira de pino. Mecanismo de afinado metálicoFácilmente afinable.39 mm de ancho.Funda de nylon incluida.
Pandeireta Ilustrada por Mareiras_ Viriditas 2 - Imaxe 1Pandeireta Ilustrada por Mareiras_ Viriditas 2 - Imaxe 2

Pandeireta Ilustrada por Mareiras_ Viriditas 2

199,00€

Pandeireta de 9 pares en madeira de nogueira e ferreñas tradicionais douradas.Coiro impreso.  A ilustración non sufre desgaste cun uso moderado. Hai factores que poden afectarlle coma o uso de productos cosméticos (esmaltes de unllas, cremas...), aneis, sudoración das mans... e sobre todo un uso moi intensivo.María Eiras - Santiago de Compostela, 1976Licenciada en Psicología (USC.2000) e Graduada en Belas Artes (UVigo.2009). Dende 2011 directora de Mareiras Espacio de Arte ubicado en Santiago de Compostela. Exposicións 2023:Seleccionada na Bienal De Pintura do Eixo Atlántico que inauguraráse en novembro en Lugo para logo iniciar unha itinerancia por Galicia e Portugal ata mediados do 2024. Asimesmo, foi seleccionada ao longo deste ano para participar na Bienal de Arte Contemporáneo de Ponte de Lima (Portugal), no Premio Internacional de Pintura Eugenio Hermoso, na exposición colectiva “Dreams” de a Galería Uxval Gochez de Barcelona, no Malamegi Art Prize Milán (Italia) e na Bienal de Arte en papel de Riutbitlles (Barcelona).Publicacións: Editou o libro As nosas letras de Muller a Muller e ilustrado o poemario En el nombre de la madre. Creación y luz escrito por Luis Rodríguez Cao e editado por Autografía. A súa obra aparece recollida en numerosos catálogos tanto de institucións coma de coleccións particulares.Máis información: mareiras.com
Pandeireta de nogueira de 9 pares de ferreñas manuais - Imaxe 1Pandeireta de nogueira de 9 pares de ferreñas manuais - Imaxe 2

Pandeireta de nogueira de 9 pares de ferreñas manuais

119,00€

Pandeireta galega tradicional feita con madeira de nogueira, coiro de cabra e ferreñas manuais.Diametro 250mm e altura 68mm.A cor pode cambiar dependendo do dispositivo e as condicións de luz onde se vexan as fotografías desta páxina.
Pandeireta Ilustrada por Clara Cerviño_ Illa Pancha - Imaxe 1Pandeireta Ilustrada por Clara Cerviño_ Illa Pancha - Imaxe 2

Pandeireta Ilustrada por Clara Cerviño_ Illa Pancha

199,00€

Pandeireta de 9 pares en madeira de nogueira e ferreñas tradicionais douradas.Coiro impreso.  A ilustración non sufre desgaste cun uso moderado. Hai factores que poden afectarlle coma o uso de productos cosméticos (esmaltes de unllas, cremas...), aneis, sudoración das mans... e sobre todo un uso moi intensivo.Clara Cerviño -  Ourense, 1985Actualmente residindo en Ibiza, pero a piques de voltar a GaliciaLeva ilustrando animais dende (case) 1985, esa infinita curiosidade pola natureza levouna a estudar bioloxía, pero como din na súa casa “a cabra tira do monte”, así que en canto tivo a oportunidade apuntouse a un Mestrado en Ilustración científica, puidendo combinar así as súas dúas paixóns e convertelas na súa profesión. Dende entón cambiou os tubos de laboratorio por acuarelas e pincéis.
Pandeireta marrón de 8 pares de ferreñas manuais - Imaxe 1Pandeireta marrón de 8 pares de ferreñas manuais - Imaxe 2

Pandeireta marrón de 8 pares de ferreñas manuais

99,00€

Pandeireta feita con madeira de pino en cor marrón, coiro de cabra e 8 pares de ferreñas feitas a man con folla de lata dispostas en paralelo.Diametro 250mm e altura 68mm.

As nosas marcas

A continuación mostrámosche algunhas marcas e fabricantes que compoñen a nosa tenda online. Ver todas as marcas

Síguenos nas redes!

Queres axuda?

Chámanos ou escríbenos