Obradoiro de instrumentos de percusión tradicional

Os profesionais artesáns que formamos Sanín Percusión Tradicional estamos especializados na fabricación e reparación de todo tipo de instrumentos de percusión tradicional. A identidade de todos os instrumentos, tanto as pandeiretas, como os tambores ou as tarrañolas, que realizamos no noso taller de Santiago baséase na excelencia do son, a estética coidada e a lixeireza.

O obxectivo de Sanín Percusión Tradicional é conseguir fabricar uns instrumentos respectuosos coa tradición e adaptados ao noso tempo. No noso obradoiro, somos esixentes coa selección das materias primas que utilizamos para a composición dos instrumentos, somos coidadosos con todos os procesos artesanais e, ademais, estamos moi atentos ao uso da cor e ao deseño sinxelo, sen artificios.

Instrumentos únicos e personalizados

En Sanín Percusión Tradicional elaboramos instrumentos únicos e personalizados. O obxectivo dos artesáns que traballamos no obradoiro é que atopes o instrumento que se adapta ás túas necesidades e, por suposto, aos teus gustos.

Os instrumentos de percusión que fabricamos no noso obradoiro artesanal de Santiago son fiables, duradeiros e estables. Ademais, grazas á calidade da materia prima e ao bo facer son instrumentos que melloran o seu son co uso e o tempo.

Ver algúns dos nosos traballos

Reparación de instrumentos de percusión tradicional

Ademais de adicarnos á elaboración de instrumentos novos e personalizados, en Sanín Percusión Tradicional, tamén nos especializamos na reparación.

Unha reparación nun instrumento tradicional é un proceso minucioso, por iso, é aconsellable que este tipo de traballos fágano persoas que coñecen á perfección os procesos de elaboración tradicionais e, por tanto, coñecen as técnicas e os materiais cos que estean fabricados.

Ofrecemos a todos os nosos clientes un servizo de reparación rápida e económica.

Atopa os puntos de venta dos nosos produtos!

Se queres saber onde podes atopar os instrumentos ou xoias elaboradas de forma artesanal por Sanín Percusión Tradicional podes poñerche en contacto connosco. Esperámosche!

Contactar