Exposicións de arte tradicional

O arte e o traballo tradicional cada vez máis causan expectación e teñen máis relevancia nos diferentes museos e exposicións. Este é o caso, por exemplo, dos instrumentos ou a xoiaría que realizamos no noso obradoiro Sanín Percusión Tradicional.

Dende os nosos inicios participamos en diferentes exposicións nas que mostramos aos visitantes pandeiretas de todo tipo, tambores de todos os tamaños, tarrañolas de diferentes formas e cores ou pandeiros con distintos deseños.

Ademais, nas nosas mostras tamén levamos pezas de xoiaría ou complementos, entre as que destacamos os aneis, os bolsos, os colgantes ou os pendentes.

Percorremos o mundo

As nosas pezas visitaron gran parte do mundo. Ademais de realizar exposicións en localidades galegas como A Coruña, Lugo, Pontevedra, Santiago, Melide, Lourenzá, Oroso, Barrantes Agolada ou Tomiño, as elaboracións de Sanín Percusión Tradicional tamén estiveron en museos e salas de exposición de Buenos Aires, Hamburgo, Florencia, Milán Perugia, Lorient, Bordeus, Portugalete, Boltaña, Barcelona, Madrid, Burgos ou Villafranca do Bierzo.

Se che gustaría contar con algunha das nosas mostras no evento que organizas, podes contactar connosco e consultar a dispoñibilidade.

Atopa os puntos de venta dos nosos produtos!

Se queres saber onde podes atopar os instrumentos ou xoias elaboradas de forma artesanal por Sanín Percusión Tradicional podes poñerche en contacto connosco. Esperámosche!

Contactar