Pezas de xoiaría e complementos artesanais

No noso obradoiro artesanal Sanín Percusión Tradicional realizamos, ademais de instrumentos de percusión, diferentes pezas de xoiaría e outros complementos de maneira manual.

Os artesáns que formamos o obradoiro traballamos en base á tradición e á innovación. En Sanín Percusión Tradicional realizamos pezas por encargo, adaptándonos aos gustos dos nosos clientes e realizando modelos totalmente personalizados, ademais, tamén dispoñemos de puntos de venda nos que atopar as nosas xoias.

Deseño, cor e orixinalidade

Os oficios artesanais relacionados coa elaboración de instrumentos de percusión nos axudan a completar os traballos e servizos que ofrecemos aos nosos clientes. Dos procesos tradicionais de confección de pandeiretas ou tambores naceu, por exemplo, a colección de bolsos.

Ademais, baseándonos sempre na tradición, adentrámonos no mundo da xoiaría sacando unha colección froito dos instrumentos cos que traballamos diariamente.

Os artesáns que traballamos en Sanín Percusión Tradicional temos como obxectivo realizar pezas con deseños únicos e unha confección exquisita. Elaboramos xoias, en colaboración co taller de xoiaría Maysil, e complementos orixinais e de calidade nas que, en moitas ocasións, utilizamos a técnica da reciclaxe e incorporamos, por exemplo, ferreñas ou sonajas das pandeiretas, corda dos tambores...

Ver algún dos nosos instrumentos

Atopa os puntos de venta dos nosos instrumentos!

Se queres saber onde podes atopar os instrumentos ou xoias elaboradas de forma artesanal por Sanín Percusión Tradicional podes poñerche en contacto connosco. Esperámosche!

Contactar

Gastos de envío

Envío gratis a toda a península

Envíos ao resto de Europa 10€

Pago 100% seguro

Máxima seguridade e confianza.

Paypal - Transferencia - Contrareembolso - Pago en tenda

Como comprar?

Compras online sen complicacións.

Máis información